TURISMO DE CEE

Como podemos axudarte?

Como podemos axudarte?

En "Turismo de Cee" adicámonos a divulgar a riqueza patrimonial das nosas seis parroquias, así como a axudar aos visitantes a planificar a súa viaxe e estancia en Cee. A nosa forma de facelo é facilitar a accesibilidade á información e ao percorrido histórico que fai do noso Concello un destino ideal para unhas vacacións inesquecibles.

¿Gustaríache coñecer os nosos servizos?

1. Axudámoste a planificar a túa estancia.

Estaremos encantados de te recibir e informar das actividades e paradas imprescindibles na zona. Así mesmo, axudarémoste coa orientación e planificación da túa viaxe para que a poidas gozar ao máximo.

2. Divulgamos o noso patrimonio

Facemos un esforzo diario por divulgar a riqueza patrimonial das seis parroquias ceenses. É ben sabido que Cee é o centro neurálxico da zona no que respecta ao sector servizos, pero a súa identidade vai máis alá diso.

En Cee poderás visitar o legado dun home que destinou a súa fortuna a que a súa vila natal fose próspera. Coñecerás recunchos únicos, como pode ser a última factoría baleeira en pechar en Europa, a ría máis pequena de Galicia ou unha igrexa agochada que garda unha reliquia do Apóstolo Santiago.

Publicamos diariamente nas nosas redes sociais para que coñezas datos curiosos, recunchos descoñecidos, episodios da nosa historia, lendas, plans que facer, iniciativas e actividades de lecer.

3. Roteiros guiados

O pasado da vila de Cee é digno de ser contado. Trátase dunha historia de guerras de poder, traizóns, valentía, resistencia cidadá, honra, heroes e viláns que culmina no rexurdir do pobo.O Cee no que vivimos hoxe é o símbolo de que, no noso peor momento, cando o resto do mundo pensou que desapareceriamos do mapa, fomos capaces de renacer das nosas cinzas.Se queres coñecer a historia completa, invitámoste a unirte á ruta guiada que facemos cada sábado ás 11:00h. Só necesitas anotarte visitando a nosa Oficina de Turismo ou chamando ao 881 98 21 46. É de balde! :)

4. Camiño de Santiago

Temos todo o necesario para axudarte no teu camiño cara a Fin da Terra! 

- Credencial do Peregrino (Prolongación de Fisterra e Muxía).

- Mapas. 

- Selo.

As nosas paisaxes

As nosas paisaxes

Precisas falar connosco?